jueves, 10 de abril de 2025

Traballo dos alumnos para o Club de Ciencia

Durante todo o curso académico, os alumnos estiveron realizando  os traballos do Club de Ciencias, uns investigando os usos de cada recurso xeolóxico que se explota en Galicia e onde se explota, e outros determinando sobre un mapa físico galego onde se atopan as minas/canteiras nas que se explotan actualmente, os recursos xeolóxicos e onde estaban localizadas as minas antigas.

Pódese observar nas fotografías os traballos que realizaron os alumnos para sinalar nos mapas as minas/canteiras




viernes, 28 de marzo de 2025

Seminario Taller de Geología Práctica. Actividades de bajo coste que siempre funcionan

 Como actividade paralela ao Club de Ciencia, organizouse no noso centro un Seminario de carácter eminentemente práctico, titulado "Taller de Geología Práctica. Actividades de bajo coste que siempre funcionan" impartido polo xeólogo Xabier Juan Pons (vocal adxunto á Vicepresidencia da AEPECT e membro do International Group of the Association for Science Education (ASE)), e organizado pola AEPECT.

En dito seminario dirixido a profesores de secundaria, traballouse en realizar prácticas sinxelas de Xeoloxía, para explicar aos alumnos conceptos complexos de forma sinxela ou para fascer pequenas feiras científicas que explican fenómenos xeolóxicos cotiáns.

Nas fotos vense varias momentos do Seminario





jueves, 6 de marzo de 2025

Conferencia sobre a Minería de Ouro Romana en Galicia

 Ao igual que na entrada anterior, ligado ao Club de Ciencia, que investiga os recursos xeolóxicos da nosa Comunidade, organizamos unha charla coa colaboración da organización Mulleres e Xeoloxía, que realiza Xeocharlas nos centros educativos.

Dita charla versou sobre Minería de Ouro en Galicia, onde o ponente Eduardo González Clavijo, explicou a importancia que tivo o ouro galego no imperio romano, as infraestruturas que construíron para o seu transporte e a súa defensa, e as pegadas que dita actividade se poden recoñecer en distintas partes de Galicia, pero sobre todo na provincia de Ourense.

Podemos observar dous momentos da charla.




viernes, 21 de febrero de 2025

Olimpíada de Xeoloxía

 Como unha actividade relacionada co Club de Ciencia a desenvolver neste curso (Recursos xeolóxicos de Galicia), alumnos de 1º de Bacharelato que colaboran no Club, participaron na Olimpíada de Xeoloxía que se celebrou el Lugo o 12 de febreiro de 2025.

Á proba realizouse durante o día, é constou dunha parte práctica (realizada pola mañá) e unha parte teórica (que tivo lugar pola tarde). Os alumnos tiveron qu enfrontarse a distintos problemas e cuestións relacionados coa Xeoloxía que resolveron con maior ou menor acerto. Tamén houbo tempo para un pequeno lecer, que lles permitiu visitar parte da zona vella de Lugo.

Os alumnos pasaron un día diferente e, todos eles, quedaron encantados coa experiencia. Nas fotos vense momentos da proba práctica que tivo lugar por rúas da zona monumental de Lugo.

 





Conferencia sobre Conflictos por Recursos

 Ligado ao Club de Ciencia, que investiga os recursos xeolóxicos da nosa Comunidade, organizamos unha charla coa colaboración da organización Mulleres e Xeoloxía, que realiza Xeocharlas nos centros educativos.

Dita conferencia, impartida polo xeólogo Eduardo González Clavijo, versou sobre os recursos xeolóxicos e a súa influencia na maioría dos conflictos armados, que tiveron e teñen lugar no noso planeta. Ditos recursos son imprecindibles para manter o noso modelo económico e social occidental, polo que é imposible precindir deles. Como facer para seguir co mesmo sistema, pero coa ausencia de guerras? 

Para unha reflexión profunda por parte dos alumnos. 

Móstranse dous instantes da conferencia.


 


 

viernes, 22 de noviembre de 2024

Inicio dos traballos do Club de Ciencia

 Un ano mais, o IES Otero Pedrayo desenvolve un club de ciencia, relacionado co museo pedagóxico.

Este ano está centrado nos recursos xeolóxicos de nosa Comunidade, onde se atopan, onde se explotan e que usos teñen. Tamén vamos facer un recorrido histórico sobre a explotación de ditos recursos que arrancan no tempo dos fenicios e dos romanos.

Na foto, vemos a un grupo de alumnos que están buscando información sobre ditos recursos


 

jueves, 10 de octubre de 2024

Visita do novo alumnado ao Museo do IES Otero Pedrayo

Os alumnos de primeiro de ESO, como tódolos anos, visitaron a exposición do Museo do IES Otero Pedrayo, como parte da súa aclimatación ao Centro.

Fixeron a visita guiada baixo as explicacións da consevadora do Museo Pilar Rodríguez.

Nas fotos vemos algúns momentos da visita

 




Traballo dos alumnos para o Club de Ciencia

Durante todo o curso académico, os alumnos estiveron realizando  os traballos do Club de Ciencias, uns investigando os usos de cada recurso ...