miércoles, 26 de octubre de 2022

Presentación da audioguía do IES Otero Pedrayo

 O día 24 de outubro de 2022 presentouse en sociedade a audioguía do noso museo, que consiste na presenza en tódalas vitrinas e aparellos de códigos QR onde se pode esoitar unha breve explicación en catro idiomas: galego, castelán, francés e inglés. Na súa realización empregáronse dous anos de duro traballo.

Como recordaredes, nela participaron alumnos dos distintos niveis educativos do instituto, tanto para as voces como na montaxe, xa que son as súas voces as que se escoitan na audioguía. Grazas a todos eles, e tamén aos profesores que participaron no proxecto.

Fíxose un cadro conmemorativo do proxecto onde se especifican tódolos participantes e tamén se pode escoitar unha breve historia do noso museo a través de códigos QR.

Estiveron presentes no acto, o Conselleiro de Educación, Román Rodríguez; a Directora xeral de Ordenación e Innovación educativa, Judith Fernández; a Directora do MUPEGA, Beatríz Seco; o Director do CFR de Ourense José Domínguez; e o Xefe territorial da Consellería de Educación, José Fisteos.

Tendes a continuación un vídeo de telemiño sobre a inaguración e unha foto da mesma.

https://youtu.be/UpNuFJ3aVR4

 

O director do IES Daniel Lorenzo, xunto coas autoridades presentes: o Conselleiro Román Rodriguez, Beatriz Seco, Judith Fernández e José Fisteos


Foto de grupo

viernes, 14 de octubre de 2022

Visita dun grupo da terceira idade ó noso museo

Un grupo da terceira idade, acompañados por membros da cruz vermella, visitou o noso museo dentro das actividades que se enmarcan no contrato-programa Inclúe modalidde Inclúe-t.

Na visita foron acompañados por un grupo de alumnos de 4º da ESO, que fixeron de guías e lles explicaron os pormenores do material exposto.

Os alumnos que actuaron como anfitrións, foron entrenados para a tarea pola vicedirectora, Olga Quintana e pola conservadora do museo, Mª Pilar Rodríguez.

Os visitantes quedaron encantados coa visita e coas explicacións dos alumnos, os cales hai que darlle os parabéns polo exelente traballo que fixeron.

Abaixo podemos ver dous momentos da visita.




lunes, 3 de octubre de 2022

Visita dos novos alumnos ó noso museo

Os alumnos dos distintos grupos de 1º ESO fixeron unha visita ó noso museo os días precedentes para ver e admirar o material exposto.

De este xeito, coñecen o material exposto e aprenden o valor de conservalo en boas condicións. Hai que recordar que todo o material exposto usábase na docencia das ciencias fai bastantes anos.

Os alumnos foron acompañados pola profesora e conservadora do museo Mª Pilar Rodríguez, que lles explicou os aspectos mais importantes do material exposto nas vitrinas e no paraninfo.

Aquí vemos unha foto do momento da visita, onde os alumnos atenden as explicacións.




Historia Xeolóxica da Terra

 Dentro das actividades desenroladas no club de Ciencia deste curso, desenrolouse unha actividades complementaria polos alumnos de 4º de ESO...