miércoles, 26 de abril de 2023

Novos minerais

 Polas probas feitas na entrada anterior, identificáronse unha serie de novos minerais que se engadiron ao inventario.

Abaixo hai unha mostra de ditos minerais




viernes, 21 de abril de 2023

Probas de identificación

Houbo minerais que houbo que identificar, xa que no tiñan nome, para elo usáronse probas de identificación que poidéramos realizar  no noso laboratorio, a saber, observación con lupa, determinación da dureza do mineral (resistencia a ser raiado), efervescencia dos carbonatos usando ácido clorhídrico, raia (cor do po que deixa un mineral ao refregalo sobre unha peza de cerámica, a cor da raia é característica do mineral e é independente da cor que posúa o mineral), magnetismo, etc.

Unha pequena mostra de este laborioso traballo obsérvase a continuación





jueves, 20 de abril de 2023

Visita dos alumnos do IES de Beade

 O martes 18 de abril, día internacional dos monumentos e os sitios, alumnos de 1º de bacharelato do IES de Beade de Vigo, visitaron o noso museo pedagóxico, para observar os materiais expostos nel.

Foron acompañados pola Conservadora do museo Pilar Rodríguez e o nos director, Daniel Lorenzo.

Como sucedeu cos alumnos das Lagoas, quedaron gratamente sorprendidos do material exposto no museo e comentaron o interesante que lles pareceu.

Nos estamos encantados de dar a coñecer a toda a comunidade  educativa o noso patrimonio.

Debaixo tendes dúas fotos da visita.


 
Grazas pola virdes


martes, 11 de abril de 2023

Visita de Alumnos do IES As Lagoas

 O día 31 de marzo, alumnos do IES das Lagoas de Ourense visitaron o noso centro para facer, entre outras actividades, un percorrido polo noso museo pedagóxico.

Serviron como guías do museo alumnos de 4ª da ESO. Foi unha visita moi instructiva e interesante e os alumnos das Lagoas quedaron tremendamente sorprendidos de que houbera un museo como o noso en Ourense, pola calidade das pezas expostas.

Foi unha visita para crear sinerxias cos centros do noso entorno e poñer en valor o noso patrimonio.

Parabéns os noso alumnos de 4º de ESO por servires de guías.

Debaixo tendes dúas fotos da visita.


                                                            Grazas por virdes


Historia Xeolóxica da Terra

 Dentro das actividades desenroladas no club de Ciencia deste curso, desenrolouse unha actividades complementaria polos alumnos de 4º de ESO...