viernes, 16 de febrero de 2024

Olimpíada de Xeoloxía

 Como complemento ao proxecto do Club de Ciencias, 12 de alumnos de 4º de ESO e 1º de Bacharelato participaron na fase galega da olimpíada de Xeoloxía na sede de Quiroga-San Clodio.

Aparte da experiencia da participación, na que resolveron cuestións relacionadas coa Xeoloxía, por exemplo, recoñecemento de rochas ou estruturas xeolóxicas; tiveron oportunidade de visitar instalacións do Xeoparque do Courel: o Museo do Xeoparque, a actividade de batero para a extracción de ouro, etc..

Como resultado, ademais do enriquecemento persoal do alumnado, obtivemos un 3º premio absoluto con Sunai Martínez, alumna de 1º de bacharelato, e o accésit ao mellor alumno de 4º de ESO en Pablo Gándara. 

Debaixo pódense ver fotos do acontecemento e da recollida de premios.






Fin dos traballos do Club de Ciencias

 No mes de maio rematáronse os traballos de do Club de Ciencias, que consistían na elaboración dunhas maletas de minerais onde se relacionab...