martes, 24 de noviembre de 2020

Artigo no periódico La Región

Unha parella de periodistas de La Región, viñeron a facer unha reportaxe sobre o noso Museo. Nese artigo coméntase o cambio de ubicación do Museo que consistiu en trasladar as pezas dende o sótano onde estaba situado, a unhas vitrinas instaladas nos corredores do edificio histórico, así como a necesidade de realizar unha Audio-guía en varios idiomas (galego, castelan, francés e inglés) para que calquera visitante teña unha pequena explicación dos aparatos expostos no museo.


O artigo enteiro pódese ler no enlace:

https://www.laregion.es/articulo/ourense/ies-otero-pedrayo-fin-musealizado-10-anos-despues/20201114222454985246.html

sábado, 7 de noviembre de 2020

Concesión do Club de Ciencias para realizar a Audio-guía

A finais do curso pasado, 2019-2020, o Museo pedagóxico do IES Otero Pedrayo levou a cabo unha mudanza. Deixou as habitacións do sótano donde estaba situado, para trasladarse a vitrinas expostas nos pasillos do edificio histórico.

Debido a este traslado, viuse a necesidade de elaborar unha Audio-guía para que os visitantes do noso Museo, tiveran una explicación detallada do exposto nas vitrinas.

Despois de estudiar varias posibilidades, decidíuse elaborala a través dun proxecto presentado a convocatoria de Club de Ciencias da Consellería de Educación. Proxecto que nos foi concedido porque en unha boa parte do proxecto se contará coa colaboración dos alumnos e as voces que van a ir na Audio-guía serán de alumnos do Centro elexidos entre os que se presenten voluntarios.

A Audio-guía elaborarase en catro idiomas: galego, castelán, francés e inglés; para elo contaremos coa participación de compañeiros especialistas en cada un de esos idiomas. E contaremos coa colaboración do CEFORE de Ourense, a través dun Plan de Formación Permanente do Profesorado, e co asesoramento do MUPEGA de Santiago de Compostela.

Historia Xeolóxica da Terra

 Dentro das actividades desenroladas no club de Ciencia deste curso, desenrolouse unha actividades complementaria polos alumnos de 4º de ESO...