viernes, 21 de febrero de 2025

Olimpíada de Xeoloxía

 Como unha actividade relacionada co Club de Ciencia a desenvolver neste curso (Recursos xeolóxicos de Galicia), alumnos de 1º de Bacharelato que colaboran no Club, participaron na Olimpíada de Xeoloxía que se celebrou el Lugo o 12 de febreiro de 2025.

Á proba realizouse durante o día, é constou dunha parte práctica (realizada pola mañá) e unha parte teórica (que tivo lugar pola tarde). Os alumnos tiveron qu enfrontarse a distintos problemas e cuestións relacionados coa Xeoloxía que resolveron con maior ou menor acerto. Tamén houbo tempo para un pequeno lecer, que lles permitiu visitar parte da zona vella de Lugo.

Os alumnos pasaron un día diferente e, todos eles, quedaron encantados coa experiencia. Nas fotos vense momentos da proba práctica que tivo lugar por rúas da zona monumental de Lugo.

 





Conferencia sobre Conflictos por Recursos

 Ligado ao Club de Ciencia, que investiga os recursos xeolóxicos da nosa Comunidade, organizamos unha charla coa colaboración da organización Mulleres e Xeoloxía, que realiza Xeocharlas nos centros educativos.

Dita conferencia, impartida polo xeólogo Eduardo González Clavijo, versou sobre os recursos xeolóxicos e a súa influencia na maioría dos conflictos armados, que tiveron e teñen lugar no noso planeta. Ditos recursos son imprecindibles para manter o noso modelo económico e social occidental, polo que é imposible precindir deles. Como facer para seguir co mesmo sistema, pero coa ausencia de guerras? 

Para unha reflexión profunda por parte dos alumnos. 

Móstranse dous instantes da conferencia.


 


 

Traballo dos alumnos para o Club de Ciencia

Durante todo o curso académico, os alumnos estiveron realizando  os traballos do Club de Ciencias, uns investigando os usos de cada recurso ...