viernes, 28 de marzo de 2025

Seminario Taller de Geología Práctica. Actividades de bajo coste que siempre funcionan

 Como actividade paralela ao Club de Ciencia, organizouse no noso centro un Seminario de carácter eminentemente práctico, titulado "Taller de Geología Práctica. Actividades de bajo coste que siempre funcionan" impartido polo xeólogo Xabier Juan Pons (vocal adxunto á Vicepresidencia da AEPECT e membro do International Group of the Association for Science Education (ASE)), e organizado pola AEPECT.

En dito seminario dirixido a profesores de secundaria, traballouse en realizar prácticas sinxelas de Xeoloxía, para explicar aos alumnos conceptos complexos de forma sinxela ou para fascer pequenas feiras científicas que explican fenómenos xeolóxicos cotiáns.

Nas fotos vense varias momentos do Seminario





jueves, 6 de marzo de 2025

Conferencia sobre a Minería de Ouro Romana en Galicia

 Ao igual que na entrada anterior, ligado ao Club de Ciencia, que investiga os recursos xeolóxicos da nosa Comunidade, organizamos unha charla coa colaboración da organización Mulleres e Xeoloxía, que realiza Xeocharlas nos centros educativos.

Dita charla versou sobre Minería de Ouro en Galicia, onde o ponente Eduardo González Clavijo, explicou a importancia que tivo o ouro galego no imperio romano, as infraestruturas que construíron para o seu transporte e a súa defensa, e as pegadas que dita actividade se poden recoñecer en distintas partes de Galicia, pero sobre todo na provincia de Ourense.

Podemos observar dous momentos da charla.




Traballo dos alumnos para o Club de Ciencia

Durante todo o curso académico, os alumnos estiveron realizando  os traballos do Club de Ciencias, uns investigando os usos de cada recurso ...