sábado, 7 de noviembre de 2020

Concesión do Club de Ciencias para realizar a Audio-guía

A finais do curso pasado, 2019-2020, o Museo pedagóxico do IES Otero Pedrayo levou a cabo unha mudanza. Deixou as habitacións do sótano donde estaba situado, para trasladarse a vitrinas expostas nos pasillos do edificio histórico.

Debido a este traslado, viuse a necesidade de elaborar unha Audio-guía para que os visitantes do noso Museo, tiveran una explicación detallada do exposto nas vitrinas.

Despois de estudiar varias posibilidades, decidíuse elaborala a través dun proxecto presentado a convocatoria de Club de Ciencias da Consellería de Educación. Proxecto que nos foi concedido porque en unha boa parte do proxecto se contará coa colaboración dos alumnos e as voces que van a ir na Audio-guía serán de alumnos do Centro elexidos entre os que se presenten voluntarios.

A Audio-guía elaborarase en catro idiomas: galego, castelán, francés e inglés; para elo contaremos coa participación de compañeiros especialistas en cada un de esos idiomas. E contaremos coa colaboración do CEFORE de Ourense, a través dun Plan de Formación Permanente do Profesorado, e co asesoramento do MUPEGA de Santiago de Compostela.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Historia Xeolóxica da Terra

 Dentro das actividades desenroladas no club de Ciencia deste curso, desenrolouse unha actividades complementaria polos alumnos de 4º de ESO...