viernes, 16 de abril de 2021

Identificación de pezas

Ligado ao proxecto Club de Ciencias para a elaboración dunha Audio-guía, lévase a cabo un Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) baixo a coordinación do CEFORE de Ourense.

En dito PFPP, o docente é Dositeo Veiga (alma mater do proxecto na rede de Ceos Galegos), e baixo a súa dirección, ordeáronse as pezas de Física e Química por categorias segundo o curriculo, e leváronse a cabo tarefas de identificación e catalogación de pezas que ou ben eran descoñecidas ou ben estaban mal identificadas.

Unha das pezas identificadas é unha célula de Kerr ou aparello para amosar o efecto Kerr (efecto relacionado coa óptica).

Se queredes mais información sobre dito efecto ou sobre outros aparellos identificados clikade no enlace aparellos identificados

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Fin dos traballos do Club de Ciencias

 No mes de maio rematáronse os traballos de do Club de Ciencias, que consistían na elaboración dunhas maletas de minerais onde se relacionab...