viernes, 8 de abril de 2022

Restauración de pezas da casa Deyrrolle

 Varias pezas adquiridas a casa Deyrrolle no século XIX, que mostran distintas técnicas de xardinería: acodos, poda, esgallos, etc; están sendo restauradas debido ao seu mal estado de conservación e o paso do tempo.

A casa Deyrrolle de Paris é moi coñecida polos seus traballos e estudos sobre taxidermia, entomoloxía, curiosidades naturais... que foi creada en 1831. Actualmente se pode considerar unha tenda-museo, onde se pode admirar e mercar exemplares dos ámbitos mencionados anteriormente. Pódese visitar on-line no seguinte enlace: Deyrrolle.

A continuación, mostramos o material antes da restauración e despois da restauración

Material sen restaurar

Historia da viña

Material restaurado

Muntiplicación vexetativa



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Traballo dos alumnos para o Club de Ciencia

Durante todo o curso académico, os alumnos estiveron realizando  os traballos do Club de Ciencias, uns investigando os usos de cada recurso ...