lunes, 3 de octubre de 2022

Visita dos novos alumnos ó noso museo

Os alumnos dos distintos grupos de 1º ESO fixeron unha visita ó noso museo os días precedentes para ver e admirar o material exposto.

De este xeito, coñecen o material exposto e aprenden o valor de conservalo en boas condicións. Hai que recordar que todo o material exposto usábase na docencia das ciencias fai bastantes anos.

Os alumnos foron acompañados pola profesora e conservadora do museo Mª Pilar Rodríguez, que lles explicou os aspectos mais importantes do material exposto nas vitrinas e no paraninfo.

Aquí vemos unha foto do momento da visita, onde os alumnos atenden as explicacións.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Fin dos traballos do Club de Ciencias

 No mes de maio rematáronse os traballos de do Club de Ciencias, que consistían na elaboración dunhas maletas de minerais onde se relacionab...