Como o club de Ciencias, desenvolve un tema relacionado coa Xeoloxía, animamos a un grupo de alumnos de 1º de Bacharelato a participar na fase galega da Olimpíada de Xeoloxía.
Noso Centro participou na sede de Monforte con outros 8 institutos da zona de Ourense e Lugo. Foi un día intenso e especial, nos que os nosos alumnos compartiron esperiencias con alumnos de outros Centros.
Aínda que non conseguiron ningún premio, viñeron satisfeitos da xornada. Na foto aprécianse os participantes cos seus diplomas correspondentes.

No hay comentarios:
Publicar un comentario